jueves, 26 de enero de 2012

UN CLIMOGRAMA DE TREMOEDO

Na páxina web de meteogalicia podemos acceder doadamente aos datos das estacións metereolóxicas que hai por toda Galicia. A máis próxima a Cambados é Tremoedo.

Son datos non normalizados, é dicir corresponde ás medicións dun ano só, non como as que se usan en climatoloxía que son medias de 20-30 anos, pero para facernos unha idea do clima de Cambados pode servir. Fixádevos que hai máis irregularidade nos datos de precipitacións e unhas temperaturas que corresponden a un ano bastante suave, isto nunha serie normalizada non se vería.



viernes, 20 de enero de 2012

OUTRA NOVA SOBRE XACEMENTOS PREHISTÓRICOS

A Voz de Galicia informa sobre o xacemento arqueolóxico do illote de Areoso, clika aquí

E antes que a Voz xa o fixeran na páxina cambadesa de A ti meu Cambados onde nos facilitan un enlace a este video:
A ILLA DOS MORTOS 


A existencia de tantos xacementos prehistóricos na Ría de Arousa fálanos da importancia do poboamento dende a prehistoria neste ecosistema privilexiado que é O Salnés.