A RUPTURA DA UNIDADE MEDITERRÁNEA
Tómase como data de referencia para a fin do mundo antigo o 476 dc. en que a cidade de Roma é tomada por uns pobos eslavos. O Imperio Romano xa mostrara síntomas de debilidade dende o s. III dc. O emperador Teodosio dividira o Imperio entre os seus dous fillos, creándose así o Imperio Romano de Occidente e o Imperio Romano de Oriente, este último, máis forte, aguantará as invasións dos pobos xermanos e eslavos. Ver enlace. A unidade mediterránea de época romana queda agora dividida en:
- REINOS XERMÁNICOS (oeste de Europa). Pobos xermanos e eslavos aséntanse nos territorios do antigo Imperio Romano e crean diferentes reinos, os máis importantes: o Franco en Francia, o Visigodo en España, o Lombardo en Italia, o Anglosaxón en Inglaterra.
- IMPERIO BIZANTINO (leste de Europa). Sufriu menos a crise que os territorios do oeste do Imperio Romano e resiste as invasións bárbaras. Considéranse herdeiros da tradición romana, manteñen a cultura e o esplendor do antigo imperio, especialmente en tempos do emperador Xustiniano.
- O ISLAM (sur do Mediterráneo). A partir do s. VII difúndese dende Arabia unha nova relixión que unirá a pobos moi diferentes dende a India ata a Península Ibérica
A EUROPA FEUDAL
Como dixemos na parte oeste de Europa aséntanse pobos xermanos e créanse diferentes reinos que supoñen un retroceso respecto da cultura romana. A inseguridade (ataques xermanos primeiro e máis adiante vikingos e musulmáns) fai que a xente fuxa das cidades cara o campo. Retrocede a artesanía e o comercio, a sociedade ruralízase. O Estado non pode garantizar a seguridade, a xente busca protección en señores poderosos que a dan a cambio do pago de rendas, é o inicio do feudalismo.
O FEUDO
É a unidade económica e social da época medieval. Está controlada polo señor feudal (nobre que ten un exército). Son un conxunto de terras que o señor recibiu do rei a cambio de axuda militar en caso de necesitala, o señor convírtese así no seu vasalo. O señor cede parte da terra (mansos) a campesiños para que a traballen. Estes reciben así protección e comprométense a pagar unhas rendas polo uso da terra, en parte da colleita ou en días de traballo nas terras do señor: a reserva señorial. Polo uso do muíño do Señor, da madeira dos bosques, ou a pesca nos ríos tamén se pagan rendas.
Configúrase así unha sociedade xerarquizada ou piramidal. Na cúspide está o rei, por debaixo os seus vasalos: condes, duques, marqueses, e os vasalos destes: cabaleiros. Os membros da igrexa tamén se comportan como señores feudais porque teñen moitas terras donadas polo rei e os señores para construír igrexas e mosteiros. Abaixo de todo están os campesiños que traballan a terra, poden ser libres ou servos.
A partir do ano 1000 dc. a situación mellora. Paran os ataques de vikingos e musulmáns e ao haber máis tranquilidade a xente volve a vivir nas cidades e o comercio recupérase. Tamén mellora a situación no campo, mellóranse as técnicas de traballo, aumenta a producción e tamén a poboación. As cidades medran e empeza a desenvolverse unha nova clase social: a Burguesía, que se dedica ao comercio ou a artesanía e ten diñeiro. Hai máis diñeiro para construír igrexas e mosteiros: desenvólvese a arte románica e gótica.