lunes, 18 de mayo de 2020

PELIS DA SEGUNDA GUERRA MUNDIAL

Hai centos de películas sobre a segunda guerra mundial, aquí van os trailers, míraos e terás que dicirme de que episodio concreto da guerra tratan:

POR EXEMPLO: Salvar al soldado Ryan




IDENTIFICA: Sobre o desembarco de Normandía  E FAI UN PEQUENO COMENTARIO: que tivo lugar o 6 de xuño de 1944 nas praias francesas de Normandía. Foi a operación militar máis grande da historia, polo nº de soldados, avións, barcos, paracidistas, loxística .... que houbo. Tivo éxito e significou o principio da fin da guerra en Europa. Os alemáns rendíanse en maio de 1945.


 1-CARTAS DESDE IWO JIMA




2-A PONTE SOBRE O RÍO KWAI




3- ENEMIGO A LAS PUERTAS




4- ADIOS, MUCHACHOS




5- PEARL HARBOUR




6- A LISTA DE SCHINDLER




7- DUNQUERQUE/ DUNKIRK


jueves, 26 de marzo de 2020

VIDEOS SOBRE A ÉPOCA DO RENACEMENTO

ARTE DO PRIMEIRO RENACEMENTO EN ITALIA. FLORENCIA





A VIDA DE DOUS XENIOS DO RENACEMENTO: 

LEONARDO DA VINCI, 500 ANOS DESPOIS DA SÚA MORTE EN 1519



MIGUELANXO BUONARROTI

miércoles, 12 de febrero de 2020

MEMORIA DE ESPAÑA

VIDEOS SOBRE A HISTORIA DE ESPAÑA QUE ESTÁN NA WEB DE RTVE:

GUERRA DA INDEPENDENCIA ESPAÑOLA (1804-1814) 


http://www.rtve.es/alacarta/videos/memoria-de-espana/memoria-espana-sombra-revolucion/3286058/


SE CHE INTERESA A HISTORIA DE ESPAÑA NON DEIXES DE VELOS, CLIKA AQUÍ

martes, 21 de enero de 2020

MOVEMENTO OBREIRO



A FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA





A HISTORIA DO MOVEMENTO OBREIRO




TRABALLO INFANTIL






LE ESTE ARTIGO DUN XORNAL DIXITAL:

El día en que en A Coruña tuvo lugar la primera huelga de mujeres de Galicia

Sabías que hai na rede unha biblioteca dixital que se chama BIBLIOTECA GALICIANA?. Ten unha hemeroteca e podes buscar novas que aparezan nos xornais dende principios do s. XIX.

EXERCICIO VOLUNTARIO: Proba a buscar unha nova sobre a revolta ludita de mulleres na fábrica de tabacos da Coruña. Vai a HEMEROTECA e busca por títulos o xornal EL PAÍS de Pontevedra, data 13 de decembro de 1857. LOCALIZA A NOVA, hai varias páxinas.

http://biblioteca.galiciana.gal/gl/inicio/inicio.do 

GARDA O ARQUIVO E MÁNDAMO A:     mariasorey@gmail.com 

CONSEGUÍCHELO? POSITIVO!


jueves, 21 de noviembre de 2019

REVOLUCIÓN FRANCESA

VIDEO SOBRE A REVOLUCIÓN



RESPONDE:

1- Que réxime político existe antes da Revolución Francesa?

2- Influiu a Ilustración na Rev. Francesa? Por que?

3- Que eran o 1º, 2º e 3 º  Estado?

4- Que eran os Estados Xerais?

5- Explica o conflicto do voto por estamento e o voto por cabeza? que provocou?

6- Quen foi Marat?

7- Que será unha Asemblea Constituínte? e unha Monarquía Constitucional?

8- Con que países estaban en guerra os gobernos da Revolución?

9- Quen eran os Xirondinos e Xacobinos?

10- Como se chamaba a Asemblea na época dos Xacobinos?

11- Que era o Directorio?

12- Solucionou Napoleón algúns dos problemas da Francia revolucionaria?



lunes, 5 de junio de 2017

VIDEOS SOBRE A HISTORIA DO S. XX

O CONFLICTO ENTRE ÁRABES E XUDEUS






A GUERRA FRÍA

División de Alemaña. Bloqueo de Berlín. Guerra de Korea




A CRISE DOS MÍSILES DE CUBA



AS GUERRAS DE KOREA E VIETNAM





VIDEOS SOBRE ESPAÑA NO S. XX



A SEGUNDA REPÚBLICA (1931-1939)





A GUERRA CIVIL (1936-1939)




O FRANQUISMO (1939-1975)



A TRANSICIÓN POLÍTICA CARA A DEMOCRACIA (1975-1982)

martes, 21 de febrero de 2017

COLONIALISMO EUROPEO





O CONGO BELGA: EXEMPLO DE EXPLOTACIÓN




Hai varios libros que falan da África colonial, como Corazón da escuridade de Josef Conrad ou a novela do premio Nóbel Mario Vargas Llosa: El sueño del celta, ambientada no Congo colonial.

domingo, 15 de febrero de 2015

VISITA A STA MARIÑA DOZO

Fai un power point sobre a igrexa de Sta Mariña utilizando algunhas destas fotos ou outras que atopes na rede.

Podes seguir este guión:

1- Aporta un plano da Igrexa, describe a planta  e indica as datas aproximadas da construción e os estilos artísticos



 

sábado, 17 de enero de 2015

A EUROPA MEDIEVAL

A RUPTURA DA UNIDADE MEDITERRÁNEA



Tómase como data de referencia para a fin do mundo antigo o 476 dc. en que a cidade de Roma é tomada por uns pobos eslavos. O Imperio Romano xa mostrara síntomas de debilidade dende o s. III dc. O emperador Teodosio dividira o Imperio entre os seus dous fillos, creándose así o Imperio Romano de Occidente e o Imperio Romano de Oriente, este último, máis forte, aguantará as invasións dos pobos xermanos e eslavos. Ver enlace. A unidade mediterránea de época romana queda agora dividida en:

- REINOS XERMÁNICOS (oeste de Europa). Pobos xermanos e eslavos aséntanse nos territorios do antigo Imperio Romano e crean diferentes reinos, os máis importantes: o Franco en Francia, o Visigodo en España, o Lombardo en Italia, o Anglosaxón en Inglaterra. 

- IMPERIO BIZANTINO (leste de Europa). Sufriu menos a crise que os territorios do oeste do Imperio Romano e resiste as invasións bárbaras. Considéranse herdeiros da tradición romana, manteñen a cultura e o esplendor do antigo imperio, especialmente en tempos do emperador Xustiniano.

- O ISLAM (sur do Mediterráneo). A partir do s. VII difúndese dende Arabia unha nova relixión que unirá a pobos moi diferentes dende a India ata a Península Ibérica

A EUROPA FEUDAL


ALTA IDADE MEDIA

Como dixemos na parte oeste de Europa aséntanse pobos xermanos e créanse diferentes reinos que supoñen un retroceso respecto da cultura romana. A inseguridade (ataques xermanos primeiro e máis adiante vikingos e musulmáns) fai que a xente fuxa das cidades cara o campo. Retrocede a artesanía e o comercio, a sociedade ruralízase. O Estado non pode garantizar a seguridade, a xente busca protección en señores poderosos que a dan a cambio do pago de rendas, é o inicio do feudalismo.

O FEUDO

É a unidade económica e social da época medieval. Está controlada polo señor feudal (nobre que ten un exército). Son un conxunto de terras que o señor recibiu do rei a cambio de axuda militar en caso de necesitala, o señor convírtese así no seu vasalo. O señor cede parte da terra (mansos) a campesiños para que a traballen. Estes reciben así protección e comprométense a pagar unhas rendas polo uso da terra, en parte da colleita ou en días de traballo nas terras do señor: a reserva señorial. Polo uso do muíño do Señor, da madeira dos bosques, ou a pesca nos ríos tamén se pagan rendas.


Configúrase así unha sociedade xerarquizada ou piramidal. Na cúspide está o rei, por debaixo os seus vasalos: condes, duques, marqueses, e os vasalos destes: cabaleiros. Os membros da igrexa tamén se comportan como señores feudais porque teñen moitas terras donadas polo rei e os señores para construír igrexas e mosteiros. Abaixo de todo están os campesiños que traballan a terra, poden ser libres ou servos.



BAIXA IDADE MEDIA

A partir do ano 1000 dc. a situación mellora. Paran os ataques de vikingos e musulmáns e ao haber máis tranquilidade a xente volve a vivir nas cidades e o comercio recupérase. Tamén mellora a situación no campo, mellóranse as técnicas de traballo, aumenta a producción e tamén a poboación. As cidades medran e empeza a desenvolverse unha nova clase social: a Burguesía, que se dedica ao comercio ou a artesanía e ten diñeiro. Hai máis diñeiro para construír igrexas e mosteiros: desenvólvese a arte románica e gótica.



miércoles, 26 de marzo de 2014