domingo, 18 de diciembre de 2011

SOBRE VIDEOS

Non dicimos nada novo si remarcamos o potencial didáctico dos videos que podemos atopar na rede. O formato que ofrecen canles coma youtube son montaxes breves que permiten velos con facilidade nos escasos 50 minutos dunha clase como reforzo do que se está traballando.

Temos unha lista de enlaces na marxe dereita do blog. Por destacar unha das canles que pode ser moi aproveitable temos CLIPHISTORIA, feita por un profesor galego de secundaria. Como mostra, este botón:

Recreación da sublevación militar de 1936 a través das imáxenes da película Dragon Rapide de Jaime Camino.

No hay comentarios:

Publicar un comentario