DESPOIS DE VER O VÍDEO FAI UN ESQUEMA DOS PRINCIPAIS CAMBIOS EVOLUTIVOS
ASPECTOS BÁSICOS A TER EN CONTA NA EVOLUCIÓN HUMANA:
- 1) Os primeiros homínidos son bípedos, andan ergueitos, a dúas patas
- 2) Ter as mans libres vailles permitir aumentar a súa habilidade: empezan a fabricar ferramentas.
ao principio máis simples
logo máis evolucionadas
- 3) Ao mesmo tempo que son máis hábiles coas mans o seu cerebro e a súa intelixencia aumentan:
- 4) O proceso de evolución humana dáse ao longo do paleolítico, na idade de xeo, cando o clima era en Europa máis frío que agora e en África máis húmido.
PRINCIPAIS ETAPAS NA EVOLUCIÓN HUMANA:
AUSTRALOPITECUS
Aínda é considerado un mono, non un home, de aí o seu nome en latín: mono do sur
HOMO HÁBILIS
Xa empeza a utilizar ferramentas, xa pertence ao xénero Homo, dos homes. Nace en África e de aí esténdese aos demais continentes
HOMO ERECTUS
Descubre o lume e aprende a controlalo, con todo o que isto representa para a supervivencia
HOMO NEANDERTAL
É unha especie máis evolucionada que se dá en Europa, pero acaba desaparecendo. Enterran aos mortos
HOMO DE CROMAGNON OU HOMO SAPIENS
É o home actual, aparece a finais do paleolítico, no paleolítico superior. Usa ferramentas moi evolucionadas: arco e frechas e fai as primeiras mostras artísticas: pequenas esculturas e pinturas nas covas.
En España existe un importante xacemento arqueolóxico no que se teñen descuberto moitos fósiles de homínidos prehistóricos, está en Atapuerca, Burgos. Teñen un museo que se pode ver nesta web:
ATAPUERCA. MUSEO DA EVOLUCIÓN HUMANA
No hay comentarios:
Publicar un comentario